VIGO RETRO 2018, crónica sentimental de Pixels e Pantallas

Un iate. Unha mariscada co/coa famoso/a do momento. Un concerto na túa casa co teu grupo favorito. Una piscina chea de billetes. Actuar de extra na túa película preferida. Ter un fillo e ensinarlle a crecer na vida.
Moitos son os soños que tivemos (e algúns aínda temos) para cumprir nas nosas vidas. Algúns xa realizados, e outros pouco probables ou imposibles.
DE_blog_07_2018_dia_11_06Enormes proxectos, ou pequenos detalles. Certo é que a Cidade na que vive o menda que suscribe este artículo (Vigo), é e históricamente foi unha porta aberta cara ó Océano Atlántico, e por iso non foi nunca allea ás influencias externas que empapan as Rías: ben sexa a nivel deportivo (O Marisquiño), musical (Concertos en Castrelos e varios Festivais), de tipo Editorial (Feira do Libro), ou incluso de tradición relixiosa ou histórica (Cristo da Victoria, Reconquista).
Paralelamente a estes grandes eventos, e pola súa pretensión de grande urbe en Galicia, también as diferentes subculturas teñen o seu espazo na axenda viguesa, aínda que  unha de ellas se resistía a existir ata hai ben pouco: a retroinformática e os videoxogos clásicos.
Dende o Distrito Entebras tiñamos moi claro que isto non podía seguir así, posto que noutros puntos xeográficos con menos demografía e proxección se viñan celebrando Eventos Retro dede había anos. Vigo non se podía quedar atrás.
DE_blog_07_2018_dia_11_02Dito e feito: o que comezou como unha charla entre tres amigos, foi tomando forma siempre baixo a dicotomía Expectativas vs Realidade (e tendo en conta que Eventos xigantescos como Retro Madrid ou Retro Barcelona tamén comezaron con dimensións modestas), estabrecendo contactos con algúns usuarios anónimos da zona e agardando feedback tras unha promoción exhaustiva. Vigo Retro non sería só unha exposición de máquinas do pasado durante a primeira semá de Xullo do ano 2018, sería algo máis.
DE_blog_07_2018_dia_11_05Despois de organizar durante uns días a infraestructura completatiñámo-lo lugar de encontro, tiñámo-los Equipos, tiñámo-la decoración e a organización a punto, as claves para darnos a coñecer; e, sobre todo, tiñamos moita ilusión») xa estabamos listos para difundí-lo noso hobby.
E case antes de que nos decatasemos, chegou o día: Todo o que se foi recopilando ó longo duns meses xa o tiñamos reunido no local físico, as conexións a punto, os procesadores espertos e as memorias con «fame» de acción; e os cartuchos, cassettes, diskettes e CD’s listos para ser usados unha e outra vez.
E a partires de ahí o Evento o protagonizou un dos factores máis importantes neste tipo de Reunións: os Usuarios. Dende os millenials que viñan a aprender en que tipo de máquinas comezaron as súas sagas favoritas; DE_blog_07_2018_dia_11_03persoas relacionadas co mundo Retro con certa incidencia nas Redes Sociais e en Grupos Retro; individuos que ó entraren en contacto coa súa primeira consola ou ordenador recuperaron a súa infancia durante unhas horas; nenos/as que viñan a botar unhas partidas a videoxogos que se facturaron hai máis de 30 anos (Shinobi, Contra, Mega Man, Gradius, Bubble Bobble), ou coders ocasionais que escribiron as súas liñas de programación en Basic ou entraron por liña de comandos en vellas versións de MSDOS.
Dende o primeiro momento en Vigo Retro se articularon unhas pequenas charlas falando de temas relacionados coa Cibercultura retro; mentras uns/unhas xogaban, outros lembraban os hábitos de uso dos anos 80, o factor xaponés e asiático fronte a Europa ou EEUU; ou anécdotas históricas no desenrolo, mitoloxía ou características de distintas máquinas, soportes ou videoxogos (un intercambio realmente interesante). DE_blog_07_2018_dia_11_11Tamén foron bosquexados temas próximos: Purismo VS Emulación, o Manganime, a Intelixencia Artificlal, a Guerra Fría e a evolución da Sociedade. Algunhas tardes se produciu alí o que xa se bautizou como «un garito sen copas»: melodías mesturadas soando de forma simultánea, barullo de conversacións e risas, amizades novas e outras xa consolidadas compartindo unha experiencia común.
O perfil de visitantes estivo bastante repartido, o certo é que podía haber despuntado un dos dous extremos imperantes nesta clase de exhibicións (Nostalxia pura e dura ou recuperación a posteriori con descoñecemento do contexto). Nada máis lonxe da realidade; tódolos perfís se pasaron por allí: DE_blog_07_2018_dia_11_10.jpgO nerd tímido, o Youtuber de 8 e 16 bits, o arqueólogo de Sistemas (que aínda que foron poucos, aportaron de forma moi proveitosa), as familias de pais e nais que xogaban cos seus fillos a xogos que coñecían ambas xeracións, o gamer «casual» e o fan multisistema que se emocionaba ó vé-las distintas versións da súa obra favorita. O visitante máis xoven que estivo alí tiña 3 anos, e o maior, máis de 5 décadas de vida.
En fin; a convivencia de xeracións (8/16/32 bits), de Equipos clásicos co que se deu en chamar Neo Retro, derivadas de placas con procesador ARM e similares (aínda que isto en menor medida). Tamén adaptadores de Hardware novos para ordenadores MSX (con programas precargados). A NES estivo copada con ducias de miles de videoxogos.
DE_blog_07_2018_dia_11_07.jpgTamén xogos de nova factura coma o Grey Wolf de Oniric Factor, Invasion of the Zombie Monsters de Relevo Videogames e Txupinazo! de Imanok; Wing Warriors de Kitmaker e Tales of Popolon de Santi Ontañón (¿3D nun Z80? Incrible). Desenrolos recentes para máquinas obsoletas.
Houbo detalles memorables, coma un speedrun de Super Mario Bros 3 en tan só 10 minutos, unha partida entrañable ó Shinobi 3 nunha Mega Drive que non foi posible rematar porque o Local pechaba e o usuario non daba morrido¡6 Fases do tirón!»). Ou es sorriso que facían algúns ó oíren as músicas de versións domésticas de Arcades das grandes compañías de épocas pasadas (Sega, Capcom, Taito, Nintendo). DE_blog_07_2018_dia_11_08Alí se asubiaron varias cancións dos videoxogos que se probaban.
Paralelamente también houbo espazo para a faceta máis «seria» da Exposición: Equipos con elevados prezos gardados de forma segura en vitrinas, inaccesibles no seu momento para o mercado doméstico e hoce en día moi revalorizados e difíciles de atopar. Todo o mundo botou un vistazo e varios reflexionaron sobor a Democratización da Tecnoloxía.
DE_blog_07_2018_dia_11_12Obviamente como en cualqueira Evento destas caracterísiticas se prantexaron opcións que quedaron no camiño, pero foron minúsculas en comparanza co que recibimos. A nivel persoal Vigo Retro non só foi unha enorme satisfacción porque saiu adiante en condicións (superando nalgúns aspectos de longo as perspectivas iniciais), DE_blog_07_2018_dia_11_09senón que ademáis sacou á xente das súas casas e animou a algúns a desempoá-los seus vellos Equipos e voltar a perderse nesa cultura pop de mandos con botóns e luces titilantes na pantalla. Poderiamos dar unhas cantas cifras frías aquí (máis de medio cento de visitas, dúas décadas de Historia cubertas en máquinas e xogos, 4 ducias de revistas e panfletos da época), pero non describiría o que supuxo a experiencia completa dos que estivemos alí.

Grazas a todos/as. Vigo Retro xa é Historia.

Grazas a Rid River polas súas estupendas fotos para este artigo, e á Comunidade de Grupos Locais en Facebook e Telegram que nos prestaron o seu apoio para difusión.

ENLACES EXTERNOS E MENCIÓNS:
Web oficial de Vigo Retro (oficial)
Artigo en La Voz de Galicia (01/07/2018)
Minirreportaxe no Faro de Vigo (07/07/2018)
Mención no Blog «Crónicas de Lars XXVIII»
Mención no Blog «Ready and Play»
Mención en MSX Blog
Mención en Retroinvaders (Eventos Retro)
Mención en «El Otro Lado» (Eventos Retro)
Entrevista a Entebras falando de «Vigo Retro» (Konamito)

Tamén podedes ler este artigo en castelán, aquí.

 


Deja un comentario