VIGO RETRO ’19, perdidos nun oasis de Sprites monocromos e paletas indexadas

Toda obra necesita unha secuela. E Vigo Retro non ía ser menos.
DE_Blog_11_2019_dia_17_07Despois da primeira Edición, o Evento vigués da Retroinformática xa contaba con algúns elementos que posibilitaban unha nova Reunión: uns cantos fanáticos dos videoxogos antigos e usuarios bregados en varios Sistemas Operativos; e coleccionistas con mostras inxentes de cartuchos e Equipos para amosar.
O local escollido esta vez foi privado; e aínda que foi de dimensións modestas (algúns déronlle o alcume de “Almacén do Retro”), a presenza de Equipos foi maior que na primeira Edición, con unha existencia abundante de material para probar. A cita sería os Sábados polas tardes ó longo de todo o mes de Xuño.

Desta vez deixouse a un lado o compoñente de exhibición, orientando a presenza de dispositivos e xogos a un campo eminentemente práctico, facendo realidade os soños de calqueira amante da nostalxia Retro.
A aparición de Equipos de tan diversas xeracións funcionou sorprendentemente ben, atraíndo ós curiosos a probar dende ordenadores de 8 bits, ata consolas de 32 bits (importante a presenza de máquinas de Sega e Nintendo, semella que a guerra tan intensa entre esas dúas marcas aínda segue entre os fans do Retro). A centralidade do Evento cecáis foron os 16 bits (por ser esta a xeración que semella que sempre é próxima ou polo menos non crea rexeitamento en tódalas xeracións).
Tamén foron moi interesantes as sinerxias estabrecidas entre os asistentes máis acérrimos do Evento (no propio Vigo Retro), estabrecéndose unhas charlas de tipo informal onde analizamos dende diferentes puntos de vista temas moi dispares, coma a localización rexional dos xogos; qué se perdeu na Industria do Ocio electrónico actual con respecto ós tempos pasados; Ordenadores vs Consolas, e outras moitas.

DE_Blog_12_2019_dia_17_07Por primeira vez Vigo Retro contou tamén co mundo da Emulación; as principais Recreativas apareceron dumpeadas en forma de Emulación nun PC actual, así coma o Retro Virtual Machine de Juan Carlos González (para goce e delicia dos Spectrumeiros, qué gozada poder xogar ó Cauldron, -“despois de introducir un listado con Pokes!. Nunha Playstation 2 Slim, á súa vez, tamén se botaron partidas de xogos (emulados) de MSX.

Algúns Equipos se foron rotando ó longo das diferentes xornadas, de maneira que dependendo do día que se asistise, se podía acceder a sistemas comúns, e algún Equipo só estaba dispoñible ese Sábado de forma exclusiva.
Foi fenomenal contar con dispositivos de almaceamento masivo de nova xeración para Equipos Retro (Everdrive e similares), por comodidade e accesibilidade á inmensidade do catálogo das distintas plataformas. No caso dos ordenadores MSX, contouse coa existencia do Flashjacks de Aquijacks.

DE_Blog_13_2019_dia_17_07Tamén tivémo-la oportunidade de xogar e apreciar packagings orixinais de software homebrew (ou sexa, amateur) da norma de ordenadores xaponeses; e nese montón de títulos os máis probados (ou reseñables) foron o Wing Warriors, de Fco. “Matsusaka” Javier del Pino (Kitmaker Entertainment), amosando o que debería ser un shooter de MSX1; Invasion of the Zombie Monsters, con autoría de Jon Cortázar (a quen tivémo-lo gusto de entrevistar hai un tempo xa, aquí) e o staff de Relevo Videogames; éxitos de Oniric Factor (Jorge Romero) coma a Edición Platinum de Lost Wind (incriblemente ben presentado e afondando nun xénero pouco lembrado neste tipo de micros, a Estratexia); Bitlogic, un xogo concebido por Rafael PérezJamque”, cun cartucho que ten LED’s no seu interior que se alumean dependendo da situación do prota na acción do xogo; e o Code Name: Intruder de bit Vision, xogo exclusivo para máquinas co engadido V9990.

Caso aparte merece Víctor Sánchez, guionista dun dos bombazos inminentes na escea MSXeira amateur e invitado ilustre, que coa súa presenza abriu a Reunión presentando a Demo de El Secreto de los Cuatro Vientos (desenrolado por Óscar Kenneth Albero e o grupo afincado en Barcelona Kai Magazine), DE_Blog_14_2019_dia_17_07un RPG sensacional a nivel técnico que nos deixou a moitos coa boca aberta: De verdade os límites do MSX se poden comparar cos 16 bits profesionais? Un luxo. As xoias da coroa? Un Panasonic Turbo R (O MSX de 4ª xeración, inédito no mercado Occidental e con unha arquitectura a medio camiño entre os 8 e os 16 bits); e un flamante Amiga 500, protagonista indiscutible da Commodore nas Parties informáticas dos 90 no continente europeo.

O certo é que a asistencia contou con acérrimos dos mandos e do teclado, xogadores hábiles que ó mesmo tempo que avanzaban nun xogo, contaban ós asistentes máis próximos as curiosidades relacionadas co xogo que estaban a probar; persoalmente, a maioría deles repetiron a súa asistencia, e máis da metade viñeron tódolos Sábados.

DE_Blog_15_2019_dia_17_07Persoalmente, creo que ademáis de botar unhas partidas e probar diversos cacharros do pasado, todos aprendimos un pouco a importancia dunha industria que, aínda que neses tempos era minúscula se a comparamos coas cifras actuais (porque un videoxogo contaba cun Equipo de entre só unha e 12 persoas, e o público potencial de consumidores era significativamente menor); percibimos algunhas xoias xaponesas e europeas, as primeiras pedras postas polos pioneiros que posibilitaron o asentamento do que hoxe en día coñecemos como mainstream.

Outro factor diferencial foi a presenza de pequenos productos de merchandising. Co fin de equilibrar custos, e co gallo de mover ós visitantes, Vigo Retro contou con varios productos exclusivos, como pósters, mini discos con músicas remixes de grandes videoxogos da Historia; e reproduccións a tamaño folio do Cartel da Reunión.

DE_Blog_16_2019_dia_17_07A promoción da Reunión de Vigo Retro non foi moi intensa este ano, exceptuando as Redes Sociais. Fronte a algúns autoproclamados “Gurús do Retro” (buscadores da autocomplacencia, oportunistas e, na gran maioría do casos, amantes da moda dos “10 minutos”); persoalmente, o menda que subscribe este artigo séntese enormemente agradecido por todos aqueles grupos e usuarios que, dende a súa pequena trincheira, sentiron a camaradería e/ou interese suficientes como para anunciar Vigo Retro. A todos eles, un enorme saúdo e agradecemento dende estas latitudes, porque só “con moitos grans de area se fai unha praia”.

DE_Blog_17_2019_dia_17_07Grazas, entre outros, a Alexis Rodríguez, Carlos Álvarez “El Anciano de la Gruta”, Carlos “Marvin Harris”, “Justin Bailey” polas súas fotos e grabacións de partidas; ós usuarios que aportaron Equipos, videoxogos e periféricos; e á xente que participou no transporte e orgañización e colocación do mobiliario e infraestructura (Gonzalo Quicler, Yago Cascallar, Jairo del Ser, David “Gebocho” e outros máis que, a pesares do anonimato desexado, a vosa colaboración foi imprescindible); e, por suposto, ás ducias de visitantes que se achegaron á Reunión sen máis interese que compartir un bo rato e as súas experiencias. Grazas tamén pola presenza esporádica, ou, no mellor dos casos, polas quedadas puntuais ó longo do ano 🙂

Enlaces de interese:

Póster Oficial da Reunión
Web Oficial da Reunión
Partidas grabadas en Vigo Retro 2019
Reseña no MSXBlog de Konamito
Nota no Blog Crónicas de Lars XXVIII
Mini entrevista na Revista de Videoxogos Morcego
Mención na Axenda de Commodore Spain
Mención na Axenda do Foro “Al otro lado”
Mención na Axenda Retroinvaders
Mención no Blog A que cheira, papá?
Nota de Alexandre Retro PC
Tamén podedes ler este artigo en castelán, aquí.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s